Parnaso portuguez moderno

Part 14

Chapter 143,401 wordsPublic domain

Chega por fin ó cobizado dia, Ven o carteiro, dálles o papel, E sin perda de tempo, todos xuntos As sospiradas letras van leer:

«Meus quiridiños pais: fólgome moito Si vostedes s'atopan oxe bos Cal desexo para min, (comenza asina, Di asina ó primeiro ringuilon.) Saberán que n'a guerra d'as Provincias Non hay mais que roinas e door E mortos, xa se ve unhos e outros. Vão sementando a morte c'os cañós.

(Chegando eiquí, á nai toda afrixida A leutura d'a carta fay parar; Dinlle que cale..., ¡Pero quen afoga Os tristes sentimentos d'unha nay!) Siguen leendo: «Cando camiñamos Xa de dia ou de noute, sempre vou C'o pensamento n'isa pobre aldea Ond'a miña frorida edá pasou; Os soutos que no vrao lle prestan sombra, Seus regatos e montes vexo eiquí, Os ecos d'as campás d'aquela Igresia, Tránm'os ventos da terra onde nacin. Meus queridiños pais... ¡con que lenguaxe Os recordos me veñen á falar D'unhas cousas que falan d'outras cousas Que non podo nin sei adiviñar! ....................................... Meus quiridiños pais, si é que m'esquece D'escribirlle á Sabela de Pitin, Díganlle que me queira é non me deixe, Díganlle que me queira é non me deixe, Que viva e teña amor soilo pra min. ¡Ay! aldeiña... ¡Cantas veces poño En ti o pensamento e curazon..., Eydos, montes e soutos de Caldelas, Lonxe de vos, eu morro de door! Adios, quiridos pais, que teño presa; Si poidera subir á xeneral, Cantas cousas lies dera o seu filliño C'oxe, coitado d'il, non pode dar.

Adios, quiridos páis, hast'outro dia, A cantos lle pergunten que é de min, Diganlle qu'estou bó, denlle recordos, Canto queiran vostés ¡Adios!--_Xoaquin_.»

(Unha carta d'a guerra, ó un tesouro Pr'a coitada xentiña d'o rapaz, Carta que dempois leen os veciños, O maestro y-o crego d'o lugar.)

VALENTIN L. CARVAJAL, _Espinas, follas e frores_, p. 30.

* * * * *

¡QUEN POIDERA CHORAR!

Eu, chorei sendo neno, moitas veces; Pranto de pelras aquil pranto foi: Tiña forza n'os ollos, mais non tiña forza n'o curazon. Chorei dempois cando xa feito home Loitaba c'os delirios d'a pasion, Y-os meus ollos souperon o que eran As vágoas de door. Logo mais tarde, cando as penas fondas Deixáronme sin grorias nin pracer, Eu cobizei chorar, pero non tiven Mais que vágoas de fél. As mortas illusiós, os desenganos Consumiron a yalma c'o pesar; Pidínll'os ollos vágoas ¡ay coitado, Xa non puden chorar! Pranto dichoso, fonte de consolo, Xa pr'a min as tuas augas non virán: Cando c'os anos pérdense as legrias, ¡Quén poidera chorar!

VALENTIN L. CARVAJAL, _Espinas, follas e frores_, p. 37.

* * * * *

DOORA

Dis que queres vivir pra gozar moito; ¡Ay probe nena! xuzgas que o pracer D'os teus primeiros xuveniles anos, Eterno pode ser; Hoxe vives no ceo, eres un ánxel, Sobre frores camiñam os teus pés; Mañan..., cando non vexas mais qu'espiñas, Cobizarás morrer.

VALENTIN L. CARVAJAL, _Espinas, follas e frores_, p. 60.

PRELUDIO

(Trad. do Castelhano)

O meu corazon soíño ê morada de cantares; nel agarimados viven coma no seu niño as aves;

É cando a dôr os desperte, ou cando pracer os chame, encherán de sons alegres ou do tristesiña os aires.

A guitarriña qu'eu toco sente como unha persona; unhas veces canta é rïe, outras veces xime e chora.

A côr d'o teu rosto, nena, ê coma noite de lua, é a mata d'os teus cabelos o mesmo que noite escura.

Cando á veiriña d'o rio lavas os teus pes de rosa, tembran d'amor as auguiñas, sospira o vento antr'as follas.

Os cravos qu'en pes é mans lle puxeron al Señor, lévaos a nay afrixida cravados no corason.

O mundo doum'un libro; é eu sou tan lerdo, que canto mái-lo estudio méno-lo entendo.

Vay logo, é a tua nay dille si me despresa por probe, quro mundo da moitas voltas, que tamen se cân as torres.

Quítate d'esa ventana é oye un consello, meniña: rosa que está ben gardada os paxáros non-a pican.

Medin c'os ollos o ceo, sondey o fondo d'o mar; mais no corason d'os homes fondo non puden topar.

A Dios un abogado lle imita n'esto; Dios fay todo de nada... é el fay un preito.

Chistosa, churrusqueiriña, que sal espallando vas; ¿dí cómo espallando tanta non che s'acabou o sal?

Queixéchesme cando tiben, xa non teño é das a volta; a campana t'asomellas que, si non lle dan, non toca.

Nas ventanas d'esta casa un faro deben poñer, para que naide se estrelle na falsedá de vosté.

Despois de feita, Dios quixo poñerch' un lunar por firma; c'o sello d'as gracias suas síñaloute esa cariña.

O dia en que ti naceches cayeu do ceo um anaco; cando morras é aló subas, taparáse aquel burato.

Un home cantaba un dia, dicind'o seu triste mal, qu'auga no mar non topara si por auga fosse ó mar.

O verde dos teus olliños recordan o verde mar: ¡coitado d'aquel qu'os mire si non axeit'a á nadar!

Cando d'auguiña saes, cara de estrela, O teu cabelo escuro longo te vela; tal coma un manto, qu'o teu seyo de rosas da dobre encanto.

Neste ramo de froles que che presento, verás, lus dos meus ollos, un pensamento. E é, ¡miña xoya! qu'an que tí olvidar sabes de ti s'acordan.

No rosal da miña vida loucas illusiós cantaron; o dôr tiroulle unha pedra... ¡ay de min! todas voaron.

En este longo deserto moitiños de sede morren; eu triste unha fonte busco... ¡quén sabe donde s'esconde!

No-mais q'unha foñte vin, e está sequiña, está soya; nin paxariños lle cantan, nin árbores lle dan sombra.

D. VENTURA RUIZ AGUILERA, _Armonias y Cantares_, p. 145. Madrid, 1865.

CANTOS POPULARES GALLEGOS

* * * * *

I

NADAL

(Tuy)

Esta noite de Nadal Per ser noite d'alegria, Camiñando vay Xosé A mais a virxen Maria. Camiñan para Belen Para xegaren de dia. Quando a Belen xegaron Toda a xente dormia; Arrimaron-se a unha peña Ó pé d'unha fonte fria. San Xosé foi buscar lumbre, Até lumbre non tragia:

--Abre las portas, portero, A Xosé e a Maria. «Estas portas son de ferro, Non s'abren até el dia.» Bajaron anxos del cielo Que rico lumbre tragian.

Ap. _Romania_, t. VI, p. 260--1873.

II

A MORTE DE XESUS

(Tuy)

Juebes santo, juebes santo, Tres dias antes de Pascoa, Quando o Redemptor do mundo Por seus disciplos xamaba; Xamaba por un e un, Dous e dous se lle xuntaba. Despois que os tiña xuntos, D'esta maneira fallaba:

«Qual de vós, disciplos mios, Quer morir por mi mañana?»

Miran uños para otros, Niun lle voltou palabra, Senon San Xuan Bautista, Padricador da montaña. A roda da meia noite Xesus Christo camiñaba; Levaba unha cruz a cuestas De madeira mui pesada; C'unha corda á garganta D'onde os xudeus puxaban: Cada puxon que lle daban Xesus Christo arrodillaba. Xegou ao Monte Calvario, Tres Marias a xorar: Unha era Madalena, Otra era sua irmana, Otra era virxen pura, Que mais passion lle daba; Unha limpaball'os pés, Otra limpaball'a cara, Otra recogia o sangre Que Xesus Christo derrama. O sangre que lle caía Caía en cal sagrado; O home que o bebese Será ben aventurado: N'este mundo será rei No otro santo coronado.

Quen esta oracion disera Todos os vernes do anno, Gañaba un canto no cielo. Quen a sabe non a di, Quen a oye no a deprende, Dia do noso xuizo Berás que conto nos ten.

Ap. _Romania_, t. VI, p. 260.

III

ROMANCE DE UN MAUREGATO

(Puente de Domingo Florez)

Eu jungin os meus boisiños E leveinos á arada, E no medio do carniño, Acordóuseme a aguillada. Tornei e volvin por ela Topei a porta fechada.

--Abreme a porta, muller, Ábreme a porta, malvada. «Eu a porta non cha abro Que estou facendo a colada.

Rompin a porta pra dentro Fun por donde acostumaba, Subin pol-a escaleira Para coller a aguillada, Vin estar un gato roxo Debaixo da miña cama.

--Que é aquelo, muller, ¿Que é aquelo, malvada? «É o gato do convento Que anda tras da nossa gata.

Unha machado collin, Fun a ver se o mataba.

«Qué fas, meu home, qué fas? Que a min me bates a cara?»

_La Galicia_, t. IV, 126.

* * * * *

IV

ROMANCE PICARESCO

Vou a dar unha voltiña Da sala para a cociña, Que me pareu a muller, Voulle asar unha sardinha.

Miña nai aqui ll'estou Desde o dia en que chegamos, Que sin non me lle esquenceu, Non lle estou atribucado, Foille un dia da semana, Do mes do presente ano. Ja lle dixen que no mar Déronnos queijo por rancho, Agua moura por almorzo Cando vimolos gabachos. Eu gomitei como un cocho, Non atravesei bocado, Inda que estribaba os pés Não estaba quedo o barco. Chegamos a Santander, E de cote nos cebaron Con arroz e pan desfeito Por que estabamos muy flacos. Cando gordos estivemos De Santander nos botaron Nun barco que era mui mouro, Era mui mouro aquel barco; Eralle un barco sin velas, E de cote fumegando; Tiña un forno con caldeiras Mais grandes que sete armarios, E unhos ferros daban volta Que iban zumbaleando, E por arte de virloque Ibamos todos andando. Diz que con agua fervendo Amáñan-se estes milagros: Miña nai, faga a esperencia Do que seria este barco Que eu por min teño dementres Que hade ser cousa d'encanto, Que seriam navoyeiros Aqueles homes tiznados. Déalle moitas memorias A Mingucho de Carballo, Á miña prima Marica Que me coide aquel boi branco, E que me garde tamen Por Dios e todolos santos Unha sardiñina femia, Porque acá todos son machos.

_La Galicia_, 89.

* * * * *

A SERRA DO RAÑO

(Cantiga das montañas)

Alta serriña do Raño Ten moitas zarzas e penas, Donde o lobo fai o cocho, E os boutres berran nelas.

Esta serra ten seus bosques Onde o lobo fai o cocho, E o corzo e o porco bravo A mais tamen o raposo.

Se por ela pasa alguen Pode que se estemoreza, E pode que teña medo Que o lobo se lle apareza.

Se certa a ser de noite Aló no mes de janeiro, Cando berra moito a loba Que anda ó casticeiro.

Hai que ter un gran coedado Despois que ós corzos lles tiren Que hay ó Ponente un regato Pode ser que pra el biren.

Está chea de carballos De uzes e de acibros, Por ali é donde están Os animais escondidos.

Ten un calejo pequeño Aló na parte de riba Ali se arman as córdas Cando hai a montaria.

Esta serra é moi fria Aló no tempo do inverno, Estan os boutres silvando Co o frio e con o helo.

Aló pra beas do Norte Chamanll'o Pico de Vales. É o punto mais bonito Pra tirar ós animales.

Pra se o Pico de Vales Máis pra fonte Jandaviña É pra donde o corzo e o porco Polo regular camiña.

O calejo que já dixen Donde se arma a montaria Chamanlle Louseira Vélla Donde o lobo mais arrima.

Desengaño ós cazadores Se algun hai que ó Raño veña, Que vaya ganar as costas E que se aparte da leña.

Pol o Sur de esta serra, Pasa o camiño real: Mirar cando o ladronciño De dentro das uzes sal.

Desengaño ó pasageiro Pase por el con coedado, Que nunca tuvo bon nome Esa gran costa do Raño.

Porque já non é o primeiro Que d'entre das uzes sal, Por eso algun ladron Sofreo pena corporal.

Estamos hoje no siglo Cando houbo un suceson, Que o verdugo puxo ali A cabeça de un ladron.

Por estes feitos e crimes Que socederon no Raño, Polo amor que teño á gente Por eso a desengaño.

Na cabeceira hai un marco Feito de unha pedra longa, Tres Auntamentos devide Monfero, Arauga, Irijoa.

A sua gran fertuniña Devide gran estension, Se algun non o conoce É o marco de Pion.

_La Galicia_, t. IV, 276.

AS TRES COMADRES

Elas eran tres comadres, E dun barrio todas tres; Juntaron unha merenda. Para ir ó Santo Andrés.

Con seconequé, Con el peregil, Con domine és, Con trispilistas, Con domine olé, olé Pola tua fé No souto d'Alberto De Jan Pirulé.

Unha puxo trinta óvos, Para cada unha dez; Outra puxo unha empanada, De tres codos a otravés.

Con seconequé, etc.

Unha dixo: Vou por viño, Comadre, cánto traerei? Trai no máis canado e medio, Para volver outra vez.

Con seconequé, etc.

Unha dixo pola luna: Mira qué paniño ingrés; Outra dixo polo odre: Mira qué neno sin pés.

Con seconequé, etc.

Alá pola media noite Ven o marido de Inés, Pau a unha, pau a outra, Pau doulles, a todas tres.

_Gallicia_, III, 240. Colligidos da tradição popular por José Lopez de la Vega.

SERRANILLA

«Donde le dexas al tu buen amigo? Donde le dexas al tu buen amado?

Ay, Juana, cuerpo garrido! Ay, Juana, cuerpo galano!

--Muerto le dexo á la orilla del rio, Dexole muerto á la orilla del vaio.

Ay, Juana, cuerpo garrido! Ay, Juana, cuerpo galano!

«Canto me dás, volver he che le vivo? Canto me dás, volver he che le sano?

Ay, Juana, cuerpo garrido! Ay, Juana, cuerpo galano!

--Doyche las armas, y doyche el rocino Doyche las armas, y doyche el caballo[64].

Ay, Juana, cuerpo garrido! Ay, Juana, cuerpo galano!

NOTAS DE RODAPÉ:

[64] Ap. Baret, _Les Troubadours_, p. 208; compara este canto moderno com uma serranilha de el-rei D. Diniz.

VILANCENTE DO NADAL

=1.º Pastor=:--Toquen us gallegos, E canten os cregus; Toca galleguiño, Que nace o deusiño,

=2.º Pastor=:--Eia, pues, tocae.

=3.º Pastor=:--Nun queru.

=2.º Pastor=:-- Queru eu, Que Deus pode bir Por bispo de Tuy.

=1.º Pastor=:--Toquen as gaitas Godois e Xan Ruy.

=2.º Pastor=:--Ao neno cantáe A Deus festexae, Folgae e folgae!

=3.º Pastor=:--Nun queru.

=2.º Pastor=:-- Queru eu Que Deus é gallego Que nace entre bois.

=1.º Pastor=:--Toquen as gaitas Xan Ruy e Godois. Festexae en pas U rei garridiño Que viste d'armiño

=2.º Pastor=:--Nun cayas a dar Voltas galleguiño, Que chora o deusiño.

=Todos=:--Toquemos, bailemos Xunto adoremos O neno que vemos.

App.º 5 das _Trovas e Cantares_.

PLEGARIA A SAN ANTONIO

(Provincia de Lugo)

Ana, pariu á Santa Ana, Santa Ana pariu á Virgen, Señora Santa Isabel Pariu á San Juan Bautista: Asin como estas cousiñas son certas, Meu señor San Antoniño de Padua, Eu lle pido é lle suplico Pol o libro en que leeu, Pol o cordon que cingeu, Pol a vision beatifica, Eu lle pido e suplico Que me libre á facendiña De raposo é de raposa, E de can é de cadela, E de lobo é de lobella, Con sete brazas darredor, Meu señor San Antoniño de Padua. Cun padre nuestro é unha ave-maria A miña facendiña Me gobernaria.

_Gallicia_, IV, 105.

* * * * *

San Antonio bendito, Dádeme un home, Anque me mate Anque m'esfole.

Ap. _Cantares gallegos_, p. 71.

(De Lugo)

Arre cabaliño, Vamos a Belen, Que mañan é festa. Pasado tamen.

Hoje é domingo Mañan dia santo, Y hoje me deito Mañan me levanto.

Sale para fóra Cara de macaco, Tiroc'unha pedra, Fagoch'un buraco.

Crou, crou, Chocos meus ovos, E logo vou Crou, crou.

_Galicia_, IV, 107.

* * * * *

--Miñato miñato, «Que levas no plato? «Leite callado. --Quen cho callou? «Marica do rei. --Cala, cala, Que eu llo direi:

PARA AYUNTAR LA CHUVIA

Vaite chuvia, Vente sol, Pol os campos D'arrebol. Que te chama Teu padriño, Para arrolal o miniño, Que che ha de dar, Pan e viño.

* * * * *

Cando chove e fai sol Anda o demo por Ferrol, Con un saco dalfileres Para pical as mulleres.

DICHOS COMMUNES

(Paroquia de Sola)

Amiguiñas de Miguel Todas cargadas de mel, E de mel e de maduro, Ribirese don Gregorio del Mulo.

--¿Que hai n'aquel tellado? «Un gato desfolado. --¿Qué hai n'aquella artesa? «Unha vella tesa. --¿Qué hai n'aquela horta? «Unha vella morta. --¿Qué hai n'aquel buratiño? «Unha campanilla. --¿E como fai? Tilin, tilin, tilin, tilin[65].

* * * * *

--Meu compadre veu? «Veu. --E que me trouxo? «Un cordonsiño --De que color? «De verde limon. Sopitaipon, de verde limon, Sopitaipon.

* * * * *

Miña Santiña, Miña Santasa, Miña cariña De calabasa.

--Que está na rua? «Uma espada nua. --Que está detraz da porta? «Uma velha morta, --Que está n'aquelle ninho? «Um passarinho. --Que está n'aquelle telhado? «Um gato pingado. --Vamos inchotal-o? Sápe! sápe, sápe, sápe! Ei de emprestarbos Os meus pendentes, Ei d'emprestarbos O meu collar: Ei d'emprestarcho Cara bonita Si me deprendes A pentear.

Ap. _Cantares Gallegos_.

Fun ó muhiño, D'o meu compadre, Fun po-lo vento, Vin pó-lo aire.

Isca d'ahi, Galiña maldita, Isca d'ahi Nô me mate-la pinta.

Isca d'ahi Galiña ladrona, Isca d'ahi Pra câs de tua dona.

_Ibid._

NOTAS DE RODAPÉ:

[65] VARIANTE PORTUGUEZA: (_Minho_).

ADVINACIONES

(Poenteareas)

Chorin, chorin Trás torre andaba, Se a torre caia Chorin se alegraba.

* * * * *

Fun ó monte Prantei unha estaca, E o tiroliro Volven para a casa.

* * * * *

Vai para o monte Mira pra casa, Ven para casa Mira pro monte.

* * * * *

No monte nace, No monte se cria, Chegando á casa Nunca hai alegria.

Terra branca, Semente negra, Cinco aradores E unha chabella.

* * * * *

Non está nado, Nin por nacer, Non é Dios, E pode ser.

* * * * *

Alto pepino Redondo molete, Que chova, que neve, Jamais se derrete.

* * * * *

Tacon sobre tacon, E tacon do mismo pano, Si no cho digo chora, Non acertas en un ano.

* * * * *

Estudiante lareiro Que estudias tras do lar, ¿Cando t'hei de ver lareiro Dal a volta no altar?

Estudiante que estudias No arte da theologia, Dime, ¿que ave é aquella. Que ten peitos e cria?

* * * * *

Que cousa é cousa Que ten un dente, E chama por toda a gente?

* * * * *

Calza de ferro, Viste de liño, E tirase cun garabulliño?

* * * * *

¿Qué cousa e que sempre anda; E nunca chega á casa de seu dono?

* * * * *

Tres pés con croa, Trepia son, tontona?

* * * * *

Qué cousa é cousa. Que pon o cu na lousa?

_La Gallicia_, t. IV, 127.

Mingo, Mingacho Cara de cacho, Bico de ovella ¿Quén che mandou Trebellar co a nena? Agora a nena Está barriguda; Juntall'os ovos Para a paridura.

* * * * *

(Tradição do Valle de Valeije)

Raposo, raposo Do cu piolloso, Non comal'o año De Pedro Castaño, Que vai na riveira Buscal'a manteiga Para a muller Que esta parideira, Na porta da eira Cun fillo varon, Chamado Anton, E entre tamaño Como un perillon.

_Galicia_, t. IV, p. 6.

* * * * *

(Pueblo de Orense)

Padre nuestro pequeniño Lévame por bo camiño, Aló fun, aló cheguei, Tres Marias encontrei Preguntando por Jesus, E Jesu'staba na cruz, E na cruz e no altar Cos peiños a sangrar; --Ténte, tente Madanela, Non vos veñas lastimar; Que estes son os traballiños Que por vos ei de passar.

_Ibid._

* * * * *

Santo que estás no canizo Tira castañas abaixo; Tira das mais graudiñas, Que ás pequenas non me baixo.

* * * * *

San Amaro era xastre Pero despois foi ladron, Non houve xastre no mundo. Que non roubase un calzon.

* * * * *

Unha vella fixo papas, E o pote botonllas fóra, Hay un ano que foi esto, E ainda hoxe a vella chora.

* * * * *

Señor San Juan de ortorio, Feito de pau d'ameneiro, Primo carnal dos meus zocos, Hirman do meu tabaqueiro.

* * * * *

A dar fé á un que morrera Foy un escribano torto, Mais él á poder de cruces Fixo parolar ó morto.

* * * * *

As costureiras d'ahora, Foron feitas ó sisel; Son amiguiñas dos homes, Como as avellas do mel.

* * * * *

O crego foi a o moiño, Meteu a cabeza dentro, Trouxo a fariña na croa, Para facer o formento.

O crego foi ó moiño, E caeu da ponte en baixo, Acudi ó crego, nenas, Que vai pol o rio abaixo.

Fun esta noite ó moiño, C'un fato de nenas novas, Elas todas en camisa, Eu no medio con cirolas.

MÁRGENES DEL MIÑO

(Salvatierra e Albeos)

Meniña, ti el-o démo, Que me andas atentando; Que no rio, que na fonte, Sempre te encontro lavando.

Eu ben cho dixeu, meniña, Eu ben te desengañei, Dixeuche que era casado, ¿Agora qué che farei?

* * * * *

Miña nai ten tres ovellas Todas tres mas ha de dar. Unha cega y outra coxa, Y outra que non pode andar.

O casado casa quer, O solteyro no lla dan, O que hade ser casado Ha de saber ganar pan.

* * * * *

Por amor de vosso galo Treydora, mala viciña, Por amor de vosso galo Perdin a miña galiña.

* * * * *

Pol amor da vosa lengoa, (Malo rayo ne la fenda) Pol amor de vosa lengoa Perdin a miña facenda[66].

* * * * *

Moreniño, moreniño, Moreno como unha mora, Non sei que tén o moreno Que a todo o mundo namora.

O cura chamoume rosa, Eu tamen lle respondin; Desas rosas, señor cura, Non as ten no seu jardin.

A Castilla van os homes, A Castilla por ganar; Castilla queda na terra Para quen quer traballar.

Meniña, ponte direita, Que teu pae te quer casar; Ben direitiña me poño, Que me non podo baixar.

Sardiñas frescas do mar, Quén che me déra un milleiro, Pantrigo de Rivadavia, Nenas do chan d'Amoeiro.

Adios, casa de meu pai, Con tódalas catro esquinas, Que pra min já se acabaron As entradas e salidas.

* * * * *

Teño unha nena no Porto, Outra no Riveiro d'Avia; Se a do Porto é bonita A do Riveiro lle gana.

O Riveiro é alegre, Polo tempo da vendima, Que a vén faguer alegre As nenas daló d'arriba.